Temos Dereito A Un Futuro Distinto. Xavier Vence Conversas

Autor:
Xavier Vence Xan Carballa
Editorial:
Engaiolarte Edicions
ISBN
9788494238840
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
214
Formato
Rústica
15,00€

Nun libro de conversas escrito por Xan Carballa, o líder do BNG fala do papel de figuras como Beiras na evolución do nacionalismo galego e analiza o "fracaso do modelo institucional e territorial español" implantado desde o 'café para todos' // "Fronte ao aumento do centralismo a saída responsábel é o soberanismo" // "Será difícil que o galego sobreviva sen institucións que o defendan" // Ve moi negro o futuro do proxecto de Europa. Engaiolarte Edicións comeza a súa andaina editorial publicando o libro do xornalista Xan Carballa, “Temos dereito a un futuro distinto. Xavier Vence, Conversas”. O catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, aborda nesta longa conversa a súa biografía e os retos que ten Galiza: “non somos un país pobre, nin o tamaño nos impide ser donos do noso destino. A soberanía é a mellor ferramenta para preservar os dereitos sociais e laborais, crear unha banca pública, priorizar a creación de emprego e dinamizar a economía. Temos dereito a un futuro distinto e debemos sumar forzas para conseguilo”. Vence lidera o BNG logo da ruptura de 2012, e propón a construcción dunha alternativa “que enganche detrás de si unha gran parte da sociedade. Ten que ser ambiciosa e realista para facerlle ver que é posíbel outro camiño, que hai opcións para resolver os problemas reais. O obxectivo central dun proxecto nacionalista e de esquerdas pasa por preservar e desenvolver a economía produtiva. Sen iso non se pode crear emprego, riqueza e rendas. Ter base produtiva é a clave e sen ela non hai sociedade diferente que se poida construír”.