Teresa Alvajar Lopez.Memorias Dunha Republican

Autor:
Aurora Marco
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484872276
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
244
Formato
Rústica
20,00€

"Xa ves que sigo coas miñas lecturas e practicando o meu idioma. Que pracer! Xa ves que intento recuperar a miña lingua, a que me arrebataron os "salvadores de España", criminais, o que fixeron de min". Así se expresaba Mª Teresa Alvajar en carta á editora destas memorias en 2008. Roubáronlle a lingua, afastárona da Terra, coa que segue a soñar cada noite: soña que volve a ela, que pasea polas rúas coruñesas e que chega á praza de María Pita desde onde olla para a xanela da oficina onde traballaba o pai. E cada mañá, despois desta viaxe arelada, esperta cansa e atristurada. Tiña 15 anos cando partiu a Soria coa nai, poucos días antes da sublevación militar, para se reunir co pai, na altura gobernador na cidade castelá. Aquela data marcou para sempre a familia Alvajar López, que nunca