Teucro: O Arqueiro De Troia

Autor:
Fernando Lillo Redonet
Editorial:
Editorial Toxosoutos, S.L.
ISBN
9788496259300
Idioma
Gallego
Nº de páginas
285
Formato
Rústica
12,00€

Sinopse Esta novela vén a ser unha narración mítica sobre o personaxe de Teucro, heroe da guerra de Troia, onde a ficción está ao servizo da revisión de datos reais transmitidos polas fontes antigas (breves referencias, por exemplo, na obra de Homero, Quinto de Smirna ou Sófocles). O autor, pola súa formación clásicas, domina ben as claves da literatura na que bebeu para a confección deste relato. Desta maneira recupera motivos das letras antigas, tales como o respecto pola vida do inimigo ou a presenza do falso esmolante. Toda unha riqueza imaxinativa con raíces en textos tan suxerentes como son a Ilíada ou a propia Biblia. Preténdese ''crear'' un novo mito, tan válido como os antigos, e teñamos en conta que a guerra de Troia era considerada un feito real e histórico na antigüídade, o cal dálle maior razón para que consideremos esta obra como novela histórica e non simplemente mitolóxica. Tamén debemos sinalar o interese de Teucro para Galicia, xa que a historiografía antiga, mesmo a galega do século XIX, atribuíalle a este a fundación da cidade de Pontevedra.