Timparrantela. Se te quixen foi polos grelos

Autor:
Timparrantela
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491514572
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
112
Formato
Cartoné
21,00€

Unha das mellores novas no eido musical dos últimos anos en Galicia é a proliferación de bandas compostas por mulleres.

Donas afoutas que agarran de clarinete ou de piano  e cantan ao mundo como elas o entenden.

Velaquí unha desas propostas.

Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción.

Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras.

Como é todo na vida.

É unha declaración: se te quixen, foi polos grelos. 

Quen as escoite, vai querelas.

Con ou sen grelos polo medio.