Todos Os Pasos Fan Ruido

Autor:
SARA PLAZA
Editorial:
Espiral Maior
ISBN
9788412227147
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
87
Formato
Rústica
13,00€

O poemario galardoado co XXXII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé forma parte do Traballo Fin de Mestrado (TFM) elaborado por Sara Plaza para o mestrado DAEN baixo o título ‘Da escritura como mirada á mirada que escribe. A natureza como alento e sustento do sentido estético’, un TFM que tamén vén de ser recoñecido na XVI Edición dos Premios á Calidade Lingüística, impulsados desde o Servizo de Normalización Lingüística da USC. Sara Praza Moreno, nada en Bustarviejo, na serra de Madrid, é mestra de formación e tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega.