Tríptico Ártabro

Autor:
ÁNXELES PENAS
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484875673
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
84
Formato
Rústica
10,00€

O libro Trípticio ártabro , de Ánxeles Penas , resulta paradigmático do seu mundo poético . Tanto na súa na súa escrita como nos seus contidos , cristaliza numerosas claves da súa poética .Está estruturado en tres partes , "Territorio " , " Os anais do vento " e "Galicia , no meu señor " aínda que as sinerxías temáticas , expresivas e formais entre as tres son constantes , producindo unha viva sensación de coherencia e unidade . O título remite ao Portus magnus artabrorum de Estrabón , Pomponio Mela e Plinio , coñecido entre nós como Porto dos Ártabros : o espazo que , co seu núcleo na cidade da Coruña e na Torre de Hércules , abrangue un amplo arco natural que vai desde as terras e os cabos ferroláns até as Illas Sisargas e o inicio da Costa da Morte . Un espazo integrado polas rías da Coruña , Betanzos , Ares e Ferrol , desde o que atalaian fermosas e amplas panorámicas do Atlántico .