Tres Lobiños E O Porco, Os

ISBN
9788493580445
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
10,00€

Había unha vez tres lobiños espelidos, educados, aboenciosos, astutos e noxentamente relambidos. Traballaban como directivos nunha empresa multinacional....Todo sería felicidade, harmonía e aborrecemento na vida deste trío se non fose por un porco repugnante e execrable que llas tiña gardadas desde os tempos do colexio. Non é unha historia edificante -xa o recoñecen os seus autores- mais tampouco pretende adoutrinar, senón divertir ao lector cun relato irreverente, grotesco e politicamente incorrecto. No fondo, conten unha severa crítica hacia a sociedade que prima o éxito persoal e a competitividade por riba de valores como o compañeirismo e a solidariedade. Autor e ilustrador reinventan o contó tradicional dos "Tres Porquiños" e invirten o papel dos seus personaxes, de maneira que, nesta nova versión da fábula, os lobos son perseguidos polo porco. Precisamente, o que advirte esta traxicomedia é ao que podemos chegar cando, dende a infancia, se nos inculcan valores egoístas que promoven o individualismo: unha sociedade marcada pola desconfianza, o afán de revancha, a envexa e a infelicidade.