Ulcis

Autor:
Xosé (1931-2015) Fernández Ferreiro/Fernández Ferreiro, Xosé
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491217022
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
184
Formato
Rústica
17,00€

Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alí onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de "Ulcis", o derradeiro libro do autor de Nogueira de Ramuín, libro no que traballou ata os últimos días da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnífico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epílogo, e con limiar de X. L. Méndez Ferrín.