Un Artista Da Fame

Autor:
Franz Kafka
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788482888507
Idioma
Gallego
Nº de páginas
212
Formato
Cartoné
16,00€

Sinopse Con este volume remátase a publicación en galego por parte de Galaxia das narracións completas de Kafka. Este volume recolle, seguindo unha ordenación cronolóxica, as narracións escritas polo autor dende 1917 ata o final da súa vida. Inclúense os maxistrais lampexos narrativos dos seus cadernos de notas, os textos cos que no verán do ano 1920 retoma o seu traballo literario logo do período da enfermidade e as narracións das páxinas do seu diario contemporáneas á redacción da novela ''O castelo''. Nun incesante buligar creativo, Kafka concibe fantasías sorprendentes e iluminadoras a carón de descricións precisas e paradoxais.