Un Home Estraño

Autor:
Tizón, Antonio
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491213369
Idioma
Español
Nº de páginas
0
Formato
17,00€

O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade. “Un home estraño” é a segunda entrega da serie, iniciada por “A antesala luminosa” e protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro, que, en clave de xénero negro & #8722;aínda que, esta vez, excepcionalmente, a modo de precuela, cun apéndice insólito e formato de novela curta & #8722;, pretende abordar, dende distintas perspectivas, o tema catalizador da enfermidade mental.