Un Robot Pequeno

Autor:
Paco Martín
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497822701
Idioma
Nº de páginas
48
Formato
Rústica
7,65€

Este libro está formado por dúas historias que desenvolven dúas aventuras dun mesmo personaxe. Trátase dun robot programado para comunicarse só con persoas menores de once anos, fóra de Fermín e Sabela, os seus creadores. A primeira das historias, Unha nena e mais un robot , conta a aventura de María, unha nena pequena que un domingo pola mañá, ó saír á rúa, bate co robot nas escaleiras da porta da súa casa. O robot declara estar perdido e pídelle axuda á nena. A segunda historia, A viaxe do pequeno robot , sitúanos ó robot nunha estación do tren. Á mesma chega Brais, acompañado da súa avoa. Brais e o robot inician unha nova amizade e fan xuntos a viaxe no tren.