Unha Casiña Branca

Autor:
Marcos Calveiro
Editorial:
Calendario Xerais 2014
ISBN
9788499149158
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
11,00€

Un forte alcatreo converte o aire nunha substancia mesta, case irrespirable. Un vertedoiro infindo. Un futuro incerto. Mírese por onde se mire hai trebellos de todo tipo. Mobles estragados, pneumáticos usados, colchóns vellos, peluches orfos, bonecas mutiladas? De socate, dun frigorífico abandonado, ábrese unha das portas, e do seu interior xorde a cabeza dun neno cuns auriculares amarelos nas orellas.