Unha Década De Literatura Infantil E Xuvenil En Galego

Autor:
Héitor Mera
Editorial:
Morgante Edicions
ISBN
9788493781620
Idioma
Gallego
Nº de páginas
108
Formato
Rústica
12,00€

Sinopse Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego recompila recensións críticas publicadas entre os anos 2003 e 2009 no suplemento literario “Faro da Cultura” do Faro de Vigo, A Nosa Terra e o Cartafol de Libros do portal Vieiros, do que o autor foi coordinador. Recóllense aquí 34 artigos sobre obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, precedidas dun ensaio máis amplo que ofrece unha panorámica desta literatura en Galicia. O crítico sinala aquelas obras que conteñen interese literario e ao mesmo tempo didáctico, baseándose na súa experiencia como docente. Sen dúbida, esta compilación será de interese para mestres e proxenitores que precisen unha guía para a lectura dos seus cativos e non se deixen seducir pola simple oferta das mesas de novidades. O autor desta obra é o profesor de Lingua e Literatura Héitor Mera que, dende hai unha década, desempeña o labor de crítico literario en diversos medios de comunicación. É especialista na figura do poeta cangués Bernardino Graña, publicando diversos estudos sobre a súa obra, entre os que se inclúe a súa tese de doutoramento, a primeira que se leu en galego en toda a historia da Uned.