UNHA HISTORIA DE NÓS

Autor
PABLO DIEGO DIOS
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411766210
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
Colección
Lanterna de Aristóteles
Dimensiones
170 x 240 cm
19,50€

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa? Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo e a liberdade penduraba da espada dos seus derradeiros guerreiros, dun imperio gobernado por unha raíña coroada despois de morta e dunha muller que cruzou o Pacífico ata ser a primeira almiranta da historia? Todos estes relatos, por moi extraordinarios que che parezan, son reais. Todos aconteceron en Galicia. Homes e mulleres que cambiaron o destino da humanidade. Isto é Unha historia de Nós.