Unha Saca De Patacas

Autor:
Francisco Coimbra
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788411103640
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
18,50€

Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos. Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores,