Unha Verdade Amarga

Autor:
Celia Díaz Núñez Mercedes Seixo Pastor/Celia Díaz Núñez
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491510598
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
165
Formato
Rústica
15,20€

Cando Daniel Pereria inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada. Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente. Unha historia sobre a identidade e a memoria.