Unha Viaxe Pola Infancia

Autor:
Antonio Gomez Albo
Editorial:
Ir Indo Edicions, S.A.
ISBN
9788476806609
Idioma
Gallego
Nº de páginas
324
Formato
Cartoné
45,00€

Sinopse Nado en Celeiro-Viveiro-Lugo, mestre e inspector de educación, realizou os seus estudos na Coruña, na Escola de Maxisterio "Amor Ruibal" e na Universidade Central de Barcelona, licenciándose en Pedagoxía. Exerceu como mestre e profesor de E.X.B en Catalunya, provincia de Tarragona, durante 15 anos, e como inspector de educación en Euzkadi-Guipuzkoa- Donostia e en Vigo-Pontevedra, onde actualmente desenvolve esta función, dende o ano 1980. “Unha viaxe pola infancia”, é un libro sobre E. Infantil que intenta dar información necesaria para coñecer “como van construíndo o seu mundo” nenos e nenas nesta etapa educativa. Pensado de modo moi especial para futuras mestras e mestres que decidan exercitar as súas funcións docentes no nivel educativo devandito; tamén para aquel profesorado que se sinta atraído pola lectura dun libro que trate desta temática e, por que non, para un público que guste deste tipo de lectura. É un percorrido dende o inicio das súas vidas ata os seis anos, atendendo máis especificamente dende os tres todo aquilo que conleva o período propiamente escolar, considerando que este tempo é a verdadeira razón do que no libro se expresa, recollendo o que se considera que un docente debe saber inicialmente ou simplemente recordalo. A viaxe, por así dicilo, está fundamentada por aspectos da psicoloxía evolutiva infantil que, ao marxe das teorías sobre a aprendizaxe, son necesarios para mellor entender o seu desenvolvemento e así aplicalo, neste caso, ás idades referidas Así mesmo, contempla outros aspectos de carácter pedagóxico, didáctico, metodolóxicos e de organización escolar, considerados básicos. Coa finalidade de darlle unha versión máis viva, que rompa coa mera estrutura dun libro de marcado selo educativo, a protagonista é unha nena chamada Inés, quen representa a todas as nenas e nenos que como ela se atopan dentro deste proceso, construíndo un mundo que van descubrindo, experimentando no ambiente no que realizan as súas vivencias, e onde a escola, a familia e a sociedade como integrantes dese ambiente e desas vivencias, conforman o seu futuro. Como dicía Freinet, citado por Jesús Palacios no seu libro “La cuestión escolar: críticas y alternativas”…. “el potencial de vida del ser humano tiene de extraordinario el hecho de que la marcha hacia delante, lejos de gastarlo, es para él oportunidad de exaltación de su fuerza”. Ou como diría Joan Manuel Serrat: “Caminante no hai camino, se hace camino al andar….”, cantando o poema de Antonio Machado. O camiño que van construíndo aprendendo a ser e facer