Verbas No Ar

Autor:
Iria Morgade Valcarcel
Editorial:
Biblos Clube De Lectores
ISBN
9788415086178
Idioma
Gallego
Nº de páginas
176
Formato
Cartoné
17,00€

Verbas no ar resultou gañadora por unanimidade ao considerala o xurado unha obra «actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno». Para o xurado, integrado por Xabier P. Docampo, Elena Veiga e Tucho Calvo, «a obra está escrita cunha vocación de estilo que acode a unha linguaxe directa, construída cunha disposición do texto baseada nas frases curtas e nos parágrafos de pouca extensión, que procuran máis a suxestión ca descrición. Seguindo un estilo case propio do panfleto, por agresivo, mesmo incendiario, Iria Morgade sabe o que fai disparando verbas ao ar». Segundo o fallo, Verbas no ar «amosa o texto que as florituras non son necesarias para que nos desgarre, abríndonos os ollos ante un mundo en conflito a golpe de linguaxe tweet. E a autora sabe tamén que son tempos de combate, de manifestarse contra a inxustiza.