Viaje A Lugo

Autor:
Álvaro Cunqueiro
Editorial:
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788489323650
Idioma
Español
Nº de páginas
200
Formato
Cartoné
18,00€

Sinopse Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911–Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole. A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, dibuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de octubro de 1975, onde bautizou a Lugo como “la Roma del Finisterre”. Se trata, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.