Viaxe De Baldassare, A

Autor:
Amin Maalouf
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483025833
Idioma
Gallego
Nº de páginas
456
Formato
Rústica
26,40€

A viaxe de Baldassare de Amin Maalouf é unha viaxe iniciática, de reaprendizaxe, na que abrollan os choques e as vías de comunicación entre as culturas do cercano oriente e dun occidente europeo que se prepara para debate-las ideas ilustradas. Un periplo no que resalta o individuo que, fronte ós condicionantes sociais, reivindica o seu dereito a ser estranxeiro sen humillacións nin hostilidades: «nacín como estranxeiro, vivín como estranxeiro e morrerei máis estranxeiro aínda.» Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo está cerca. Na Apocalipse dise que o número da Besta é o 666 e no ano 1666, é dicir MDCLXVI, xúntanse tódalas letras da numeroloxía latina, que é outra das condicións da profecía. Ademais, en tódalas confesións hai un libro en que se profetiza o final dos tempos. Baldassare Embriaco, un comerciante de obxectos de arte e libros raros, descendente dunha vella familia xenovesa asentada no Líbano, vese envolto nesta voráxine fatídica. Baldassare amósase escéptico, consonte as Sagradas Escrituras: «o home non saberá nin o día nin a hora da fin do mundo antes de que esta sobreveña». Non obstante, emprende unha longa viaxe na procura do libro maldito, O centésimo nome, que tivo entre as súas mans pero que deixou escapar. No Corán hai noventa e nove formas de chamar a Deus, pero había un centésimo nome, agachado, que, invocado serviría para gaña-los favores do ceo nestes momentos dramáticos en que se teme a fin do mundo. No seu periplo, durante o cal atravesará o Mediterráneo ata chegar a Londres, Baldassare cruza países en situacións límite, vilas incendiadas, comunidades expectantes... Atoparase co medo, a violencia, o engano, a desilusión e o infortunio, ó parecer relacionados coa presencia do libro buscado. Pero tamén achará co amor, sentimento que cría perdido para sempre.