Vinte MIL Leguas Baixo Dos Mares

Autor:
Jules Verne
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491215875
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Nº de páginas
375
Formato
Rústica
24,95€

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, ao mando do capitán Nemo. Cando Jules Verne ideou a construción do Nautilus, escribiulle a Hetzel, o seu editor e amigo, para asegurarlle que a súa arca estaría mellor equipada ca a de Noé. Verne, que visitara xa os centros da terra e do aire, quixo baixar aos abismos do mar. Imaxinou un personaxe épico, o atormentado capitán Nemo, un sabio desenganado da raza humana, que se move guiado por un deses motivos tan recorrentes na novela de aventuras: a xustiza implacable, non exenta de vinganza, e a humillación do adversario.