Unha das grandes creacións da novelística galega deste século. Un brillante exercicio de estilo destinado a convertir nunha fermosa xoia literaria a fala popular. A evolución, unha vez máis, da vella Auria, vista a través da peripecia vital de medio cento de personaxes que conforman o mundo descarnado dun autor que non esquece nunca, en cambio, a poesía.