Xerais De Galicia Ed.

Imagen de Escarlatina, A Cociñeira Defunta

Escarlatina, A Cociñeira Defunta

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus paisun curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Díade Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu unmegasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as (...)
Imagen de A Neve Interminable

A Neve Interminable

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o (...)
Imagen de Lendo Lendas, Digo Versos

Lendo Lendas, Digo Versos

Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do (...)
Imagen de Europa Express

Europa Express

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe. Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle (...)
Imagen de A Morte De Valle-Inclán. O Último Esperpento

A Morte De Valle-Inclán. O Último Esperpento

Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco (...)
Imagen de Esmeraldina, A Pequena Defunta

Esmeraldina, A Pequena Defunta

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia (...)
Imagen de Poemar O Mar

Poemar O Mar

?Poemar o mar? é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con ?En la cuna del mar? e ?Palabras do mar?. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con (...)
Imagen de Catro Cascarolos

Catro Cascarolos

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e (...)
Imagen de O Anxo Negro

O Anxo Negro

A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos. A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños (...)
1 2 Siguiente