A Homosexualidade, A Debate

Autor:
Xosé Manuel Buxán Bran
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483028902
Idioma
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
8,25€

Hai que saír dor armario, é unha das frases máis manexadas nos últimos anos por gais e lesbianas. Pero ¿Cal é o debate sobre a homosexualidade de hoxe? ¿Onde se sitúa e en que termos se establece? ¿Cales adoitan ser as actitudes máis prexuizosas dos heterosexuais fronte aos homosexuais? ¿Por que segue a haber quen se opón á homosexualidade? ¿Porque existe a homofóbia e os homófobos que exercen a violencia contra os homosexuais? ¿Cales son as diferencias de criterio entre as feministas dos anos 60 e 70 e as lesbianas dos anos 80 e 90? ¿Que din determinadas correntes do feminismo lesbiano acerca da heterosexualidade? ¿Quen defende a unidade gai e lesbiana? ¿Cal é a relación entre a homosexualidade e a doutrina católica? ¿Como se comportou históricamente a Igrexa ante a homosexualidade dentro e fóra da institución? ¿Responden as lesbianas a un arquetipo físico e psicolóxico caracterizable? ¿Que é o orgullo gai? ¿Por que están obrigados os homosexuais a buscar espacios discretos nos parques, nos xardíns, nas praias, onde relacionarse sen ser descubertos? Beatriz Suárez Briones e Xosé M. Buxán, profesores da Universidade de Vigo e responsables do colectivo Legais, o teólogo Xosé Chao Rego, a ensaísta Nanina Santos e a escritora María Xosé Queizán reflexionan e debaten neste libro en torno á homosexualidade hoxe e agora.