A Lúa De Xoán

Autor:
Carme Solé Vendrell
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484649342
Idioma
Publicado
2015
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
15,00€

A lúa de Xoán?, publicada orixinalmente en 1982, é unha das obras máis importantes na traxectoria de Carme Solé, xa que marcou a súa proxección internacional. Traducido a varias linguas, este álbum trata sobre o temor á morte e a forma de afrontalo. A reflexión sobre temas profundos como a soidade, a tristura ou a perda du n ser querido ten que ver co compromiso da autora -cuxa nai faleceu cando ela tiña nove anos- de falarlles aos nenos e ás nenas sobre os seus medos e darlles as respostas que non atopan nos adultos. Axudado pola súa amiga a Lúa, Xoán terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. Un libro que lle dá resposta aos temores da infancia e aos desafíos da vida: soidade, tristura, enfermidade, morte..