A Poesía Oculta De Filgueira Valverde

Autor:
Xosé Ramón Freixeiro Mato
Editorial:
Baía Edicións
ISBN
9788499951614
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
125
Formato
Rústica
12,95€

As páxinas que veñen a seguir deben ser vistas como un contributo ao mellor coñecemento da nosa historia cultural, literaria e mesmo lingüística, ben como unha tentativa de esclarecer un problema autorial a respecto duns textos concretos, e de ningún modo como un ataque a ninguén nin como un posicionamento persoal a respecto de que autora ou autor é máis merecente do recoñecemento social. Loxicamente, non podo obviar que estamos no ano en que Filgueira Valverde é a figura a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas e que arredor deste feito se ten xerado algunha polémica na sociedade. Por iso mesmo, a responsabilidade das persoas dedicadas á investigación é tentarmos esclarecer a verdade relativa á vida e á obra das autoras e autores a quen se consagra ese día, para que a sociedade poida ter elementos suficientes para as mellor coñecer e valorizar.