A Visita De Osiño

Autor:
Else Holmelund Minarik Maurice Sendak
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484648741
Idioma
Publicado
2015
Nº de páginas
43
Formato
Cartoné
12,00€

“A visita de Osiño” narra o día no que o pequeno protagonista desta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidade dos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño, xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que transmite ternura e empatía. Os contos que Avoa e Avó Oso lle contan a Osiño preséntanse como relatos independentes, que se suman ao capítulo de introdución e ao simpático desenlace da visita. A habilidade narrativa de Else Holmelund Minarik permite facer unha lectura global do libro, no que se plantexan cuestións como a liberdade ou a superación dos medos, ademais de poñer en valor a relación entre avós e netos, o diálogo mutuo e a transmisión de coñecementos e de afectos.