Arrabaldo Do Norte

Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483024256
Idioma
Nº de páginas
88
Formato
Rústica
6,85€

Arrabaldo do norte, que X. L.Méndez Ferrín publica en 1964, constitúe a súa primeira novela. É unha obra de extraordinarias suxestións. O labirinto, a procura do incógnito, o eterno retorno... E todo exposto cunha técnica exquisita onde non faltan, coma sempre en Ferrín, poesía e ironía (Anxo Angueira). Arrabaldo do norte é un kafkiano percorrido por labirintos circulares dun ser empeñado nunha busca transcendental e estéril que o conduce á destrucción (Diccionario da Literatura Galega). Otero Pedrayo posuía a grandeza. Cunnueiro posuía a perfección. X. L. Méndez Ferrín ten as dúas calidades xuntas en grao superlativo (Darío Xohán Cabana, Diario 16 de Galicia). O protagonista busca polo labirinto do arrabaldo, sen atopar nunca o que procura. Cando publica Arrabaldo do norte, Méndez Ferrín militaba na UPG, recén creada na clandestinidade. Esta militancia na esquerda radical vaille traer cambios á súa vida, estancias na cadea que o marcarán e influirán nas súas obras (Sonsoles López). Arrabaldo do norte é un relato obxectivista polos camiños do Nouveau Roman (Vicente Araguas).