As "Escolas Novas" E Os Seus Problemas

Autor:
VICENTE BLANCO MOSQUERA/ERNESTO CODIGNOLA/ANTÓN COSTA RICO VICENTE BLANCO MOSQUERA, ERNESTO CODIGNOLA, ANTÓN COSTA RICO
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788413432670
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
366
Formato
Rústica
19,00€

«A Nova Educación prepara en cada neno non só o futuro cidadán, capaz de cumprir os seus deberes para cos seus próximos, a súa nación e a humanidade no seu conxunto, senón tamén persoas conscientes da súa propia dignidade como seres humanos». A Nova Educación ?con varias denominacións: Éducation nouvelle, New Education, Progressive Education ou tamén Escola Nova? supuxo unha revolución copernicana, unha ruptura con respecto ao modelo educativo dominante a finais do s. XIX. Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica; abriu as portas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que os docentes se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista psicolóxico e emocional, polas súas necesidades e motivacións; puxo o foco no clima organizativo e relacional; deulle un novo protagonismo á formación ética e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión infantil. O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentes que abordan a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto Codignola, promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das recoñecidas escolas novas. Trátase dun texto rico en información e argumentativo, que foi actualizado en 1962, complementado polo pedagogo Aldo Visalberghi e reeditado de novo en 1970. O libro conta cunha nota de presentación (onde se aclaran referencias, datos e conceptos que poden presentar algunha complexidade na actualidade), cun anexo conceptual e informativo ordenado alfabeticamente e un epílogo final de Antón Costa, especialista na materia.