Bailar Nas Nubes

Autor:
Vanina Starkoff
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484647423
Idioma
Español
Publicado
2023
Nº de páginas
36
Formato
Rústica
16,00€

Sinopse A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente. Dende o punto de vista artístico, “Bailar nas nubes” é un álbum de estilo naïf e étnico, con ilustracións luminosas, exóticas e rebordantes de colorido. O texto, de frases breves e descritivas, ten un enfoque acumulativo: con cada novo veciño, a comunidade enriquécese en costumes, músicas e aromas. Conceptos como mestizaxe, tolerancia, convivencia e multiculturalidade sobrevoan esta obra, finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. E como á nena protagonista, tamén lles dá ás aos lectores para que non deixen de perseguir os seus propios soños.