Cándido E Os Demais

Autor:
Fran Pintadera/Chistian Inaraja
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484644200
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
56
Formato
Cartoné
14,00€

Todos somos diferentes. Con esta premisa preséntasenos a Cándido, unha persoa peculiar cunha gran necesidadede expresarse ante o mundo que o rodea, de ser comprendido e aceptado. Poucas veces un texto tan aparentemente sinxelo propicia unha reflexión tan fonda e necesaria nunha sociedade complexa como a actual.O protagonista da obra distinguida co XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado séntese estraño; comparte cos lectores a súa ollada cara ao resto da xente, á vez que somos partícipes de como os outros percíbeno a el. Alleo á masa uniformizada e seguidista das tendencias cambiantes, Cándidopode sentirse fóra de lugar pero intenta pasar desapercibido; é un ser sensible á inseguridade e á soidade que se pode sentir sendo ignorado. E malia que o mundo se convertese nun lugarhostil cara á natureza e ás persoas, o positivo de todo é que sempre hai un punto de encontro que une a Cándido e os demais. Ou non todos eles. Pero esa xa é outra historia…