Camiñar O Vigo Vello

Autor:
ww.aa ww,aa O latexo dunha aula infantil
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A. Edicións Xerais De Galicia, S.A. Editorial Planeta, S.A.
ISBN
9788491213260
Idioma
Publicado
2018
Nº de páginas
180
Formato
Rústica
21,50€

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos ?nalgúns casos inéditos a día de hoxe?. Pero en realidade este libro é outra cousa... É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.