Contos De Obxectos

Autor:
Xabier P. Docampo
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491218043
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
75
Formato
Cartoné
12,50€

Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente», dicía; e así se xestaron estes «Contos de obxectos», oito relatos até agora inéditos que DoCampo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama. Obxectos que Daniel Puente Bello recreou nas coidadas fotografías que ilustran o libro. Realidade e ficción, escritura e oralidade, tradición e actualidade conviven neste fato de contos que dialogan coa escrita dos grandes clásicos galegos da narrativa curta, como Rafael Dieste, Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro. Un libro para celebrar a vontade de narrador oral de Xabier P. DoCampo.