Críctor (Galego)

Autor:
Tomi Ungerer
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484647645
Idioma
Gallego
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
15,00€

# Era unha vez unha pequena vila francesa onde vivía unha señora maior chamada Madame Louise Bodot. Ela tiña un fillo que estaba en África estudando os réptiles. Unha mañá, o carteiro tróuxolle un paquete moi estraño con forma de O. Aplicando altas doses de orixinalidade e sentido do humor, Tomi Ungerer converte unha enorme serpe na fiel mascota dunha adorable anciá. “Críctor” resulta da insólita mestura entre o exotismo africano e a exquisitez da sociedade francesa decimonónica, aderezada con ironía e surrealismo. Este laureado clásico de 1963 conserva toda a súa frescura para seguir cativando a novas xeracións de lectores. .