Despois Da Chuvia

Autor:
Miguel Cerro
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484649687
Idioma
Gallego
Publicado
2015
Nº de páginas
112
Formato
Cartoné
16,00€

“Despois da chuvia” é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións- e encomenda esas tarefas a outros animais. Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común, que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas. Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera as expectativas de todos. O protagonista deste relato enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente- pretende conseguir o inacadable.