Elmer -Galego-

Autor:
David Mckee
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484643807
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
40
Formato
Rústica
15,00€

A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais. Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e simpatía, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto. Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores.