Garavanciño

Autor:
Olalla Gonzalez Olalla Gonzalez/Federico Fernandez
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484646822
Idioma
Publicado
2008
Nº de páginas
36
Formato
Cartoné
14,00€

Sinopse Había unha vez unha familia que tiña un fillo moi pequeno, tan pequeno coma un garavanzo. Por iso decidiron chamarlle Garavanciño. Un día cando a súa nai estaba facendo o xantar, notou que lle faltaba o azafrán. Garavanciño axiña se ofreceu para ir á tenda. A nai nunca o deixaba saír só da casa porque tiña medo de que a xente non o vise e o pisase. Pero Garavanciño insistiu. Díxolle á súa nai que iría cantando; así, aínda que non o visen, sentiríano e ninguén o pisaría. A historia enmárcase nun ambiente familiar e protector, propio do fogar; pero lonxe de inculcarlle complexos e debilidades ao protagonista, a causa do seu pequeno tamaño, transmite unha mensaxe positiva: Garavanciño é forte, ten iniciativa, sabe afrontar aos problemas que lle xorden e resolvelos. E ademais, neste caso, teñen final feliz.