Inma López Silva

Rosas, Corvos E Cancións
Sinopse
Os personaxes destas narracións móvense na tensión entre o pasado e o presente, o imaxinado e o vivido, o perdido e o recuperado. Poboan, felices ou saudosos, un universo literario creado por unha autora esperanzadora. O que ela nos ofrece son relatos que arrecenden. Inma López Silva (...)

Neve En Abril
Sinopse
Unha mañá Elixio esperta coa estraña sensación de que vai nevar. Ao seu carón corme a súa muller, allea ás premonicións que remexen as lembranzas de Elixio. Unha melodía perdida no pasado, alguén que regresa da morte, a sombra terrible dunha guerra que esnaquizou a historia –a nosa (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

New York, New York
Sinopse
New York, New York é un diario escrito co ritmo dos filmes norteamericanos e con banda sonora de Frank Sinatra.
Por moitas películas que vexamos e por moitas novelas que leamos, nunca se coñece de verdade Nova York ata que se vive dentro dela, no corazón, nas tripas dunha cidade que ás (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Memoria De Cidades Sen Luz
Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas en Memoria de cidades sen luz, a novela coa que Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) obtivo o Premio Blanco Amor de 2007. Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, ne-nos que converten en (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Maternosofia
Ou o embarazo da escritora primípara.¿Hay equivalencia entre escribir e parir? Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Aqueles Días En Que Eramos Malas
Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.
Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Chamame Señora, Pero Tratame Coma A Un Señor
Memoria perosal do machismo na cultura Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma quen que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é (...)

O LIBRO DA FILLA
Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla que sostén ser vítima dun complot argallado pola súa ex-muller e que desexa lavar a súa imaxe a través desa reportaxe. No proceso, sairán á luz historias ocultas que (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal