Galicia Bajo La Bota De Franco

17,00€

Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936 narrados por quen os viviron e sufriron aparecen por primeira vez en castelán dende a súa publicación en 1938 en París e Buenos Aires. E agora faino acompañado dun amplo estudo por parte do historiador Carlos Rodríguez Santander. Unha dura reportaxe xornalística onde os autores describen, dende o anonimato e con feroz realismo, a vida cotiá de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán ou Tui nas tráxicas xornadas que seguiron ó golpe de estado do xeneral Franco. Uns meses nos que foron fusilados varios milleiros de persoas. Alvarellos Editora recupera unha obra tan dura nos seus contidos coma fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que xamais poden volver repetirse