Míster Magnolia

Autor:
Quentin Blake
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484642503
Idioma
Gallego
Formato
Cartoné
15,00€

Míster Magnolia” é un clásico de Quentin Blake publicado en 1980 e galardoado con importantes premios; un relato rimado cuxo protagonista é un simpático personaxe co que os lectores poden enumerar, do 1 ao 10, distintos elementos que o rodean.De ton alegre e contaxioso, a historia de Míster Magnolia destaca polo humor e a sucesión de disparatadas anécdotas que ocorren, entre as que -a modo de retrouso- se repite a ausencia dunha bota nun dos seus pés. Todo cambia coa chegada, por sorpresa,dun paquete envolto en papel de agasallo… Polo seu ritmo acumulativo, a repetición de estruturas narrativase o carácter descritivo das ilustracións, “Míster Magnolia” é un álbum ideal para practicar a lectura en voz alta, facilitandoa participación do público. As imaxes resaltan sobre un fondo branco e chaman a atención polo seu variado e intenso colorido, a profusión de detalles, e os trazos imperfectos que enfatizana expresividade e o dinamismo de cada escena.