Edicións Xerais De Galicia, S.A.

Imagen de Vidas Post-It

Vidas Post-It

Sinopse Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela. (...)
Imagen de Xacementos Arqueolóxicos

Xacementos Arqueolóxicos

Sinopse Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego. O viaxeiro ou o estudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementos que se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ata os últimos (...)
Imagen de O Bebedor De Rakia

O Bebedor De Rakia

Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das (...)
Imagen de Ith

Ith

Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún (...)
Imagen de O Noso Amor Será Eterno

O Noso Amor Será Eterno

O trobador Buserán tiña dezaoitos anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade. Sentiron que querían estar abrazados, cada un habitar nos brazos do outro, (...)
Imagen de Sete Caveiras

Sete Caveiras

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío (...)
Imagen de A Flor Da Auga

A Flor Da Auga

Este libro, segundo da colección “Lendas de Galicia”, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o (...)
Imagen de Corredora

Corredora

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos (...)
Imagen de Intimidación

Intimidación

Que nos intimida ante o que vai acontecer? Que medo acirra os latexos dos nosos corazóns? Que alento xélido lambe as nosas calugas? Que parálise eiva os nosos espíritos para que non se desanoen en liberdade? Que veleno empezoña o fluír axitado do noso sangue? Que nos detén, arrepiados, diante dos (...)
Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente ... Último