Edicións Xerais De Galicia, S.A.

Imagen de Antonio Fraguas. O Bo Mestre, O Mestre Bo

Antonio Fraguas. O Bo Mestre, O Mestre Bo

Antonio Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país, cunha curiosidade insaciable e cunha capacidade de traballo extraordinaria. Pero Fraguas foi ante todo un mestre que (...)
Imagen de Dentro Da Literatura

Dentro Da Literatura

Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión (...)
Imagen de Singamia 0.1

Singamia 0.1

A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos (...)
Imagen de Unha Nación No Mundo

Unha Nación No Mundo

O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política (...)
Imagen de Rosalía Feminista

Rosalía Feminista

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de (...)
Imagen de Transmatria

Transmatria

Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de (...)
Imagen de As Mulleres Da Fin Mundo

As Mulleres Da Fin Mundo

Rebeca observa dende a xanela do seu cuarto a destrución da Capital do Mundo e emprende unha marcha na procura da supervivencia. Fóra de Muros, Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade. Moi lonxe, nunha terra invadida e desangrada pola (...)
Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente ... Último