Calendario Xerais 2014

Marcas
Mitos, valores e iconas que noutrora posuían un xorne idealista, utópico ou revolucionario, forman parte, hoxe, dos mecanismos de penetración cultural dos mercados, que asolagan o planeta con ofertas máxicas capaces de resolver as carencias e soidades da xente na sociedade global. Tras as grandes (...)

Viaxe Por Galicia
«A viaxe por Galicia» constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano. Nel relátanse as experiencias (...)

Vento E Chuvia, Mitoloxía Da Antiga Gallaecia
Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares (...)

Os Sabuxos Divírtense
Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e (...)

Por Que As Sombras Non Teñen Ollos
O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Morena, Perigosa E Románica
Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Onde Viven As Fadas?
Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas?, e descubriredes cal é o fogar das fadas. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras. Se o poñedes aberto (...)

Lendo Lendas, Digo Versos
Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do (...)

O Rato Avó E O Muraño
O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos, xogan a subir montañas, a explorar bosques misteriosos, a... Os pais do muraño Rosendo teñen que traballar ata moi tarde. Por mor diso, Rosendo pasa moito tempo na casa do seu amigo Benxamín.O rato avó cóntalles historias de ratos atrevidos, (...)

Europa Express
Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe. Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle (...)