Calendario Xerais 2014

Imagen de Manuel María, Buscando Un País

Manuel María, Buscando Un País

Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país. Escribiu demasiados versos porque o silencio que quería romper era tamén excesivo. As súas mellores (...)
Imagen de Os Fillos Da Fame

Os Fillos Da Fame

Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, (...)
Imagen de Masculino Singular

Masculino Singular

Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla (...)
Imagen de Tempos De Bebidas Isotónicas E Fast-Food

Tempos De Bebidas Isotónicas E Fast-Food

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora (...)
Imagen de Esmeraldina, A Pequena Defunta

Esmeraldina, A Pequena Defunta

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia (...)
Imagen de Quen Dá A Quenda?

Quen Dá A Quenda?

Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un (...)
Imagen de Pauliño É Un Cabalo

Pauliño É Un Cabalo

Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho. —Hiiiiiii! Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, (...)
Imagen de Vaite Xa!

Vaite Xa!

Oso ten que ir na procura dun traballo mellor, xa non venden cenorias abondas no mercado. Comezar de cero é arriscado, mais non hai outra solución. Ten que deixar atrás a Osa e a Osiña. O cheiro envólveo todo, as risas de Osiña, as cousas da casa. Moito as vai botar de menos. Está canso, apesarado, (...)
Imagen de Follas Novas

Follas Novas

Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da (...)
Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente ... Último