Memorias Da Brétema, Historias Dunha Bisbarra Do Ulló

Autor:
Alberte Blanco Casal
Editorial:
Editorial Circulo Rojo
ISBN
9788413049878
Idioma
Publicado
2019
Nº de páginas
229
Formato
Rústica
16,00€

Todos os que descobren por vez primeira a antiga enseada do Ulló quedan prendidos pola beleza atlántica e o estraño magnetismo telúrico da súa paisaxe marítima, dunha sutil saudade nos días de brétema. O signo dos tempos foi transformando a súa idílica paisaxe primordial, deturpando a primitiva morfoloxía costeira, empeñándose en velar a memoria dos soños de antano. Emporiso, se fxamos a nosa mirada no pasado mítico da infancia, as tebras irán esvaecéndose e poderemos evocar os antigos paraísos perdidos. Armados coa maxia da memoria, verémolos emerxendo entre nós vingándonos da crueldade do progreso. Con ese obxecto escribiuse este libro, sacando á superfcie algúns datos inéditos ou pouco coñecidos da antiga bisbarra de Cobres. A obra está estruturada en catro libros ou partes e, na primeira, “Cobres, unha bisbarra do Ulló” trázanse unhas pinceladas sobre as orixes e algúns aspectos do devir histórico, político e social desta comarca de Vilaboa no período que vai dende o s.XVI ata a primeira metade do s.XX. No libro “Soños, derrotas e outras historias” nárranse algúns episodios relevantes das vidas de Roxelio Calvar e os seus curmáns Pepe e Belarmino Casal antes, durante e despois da II República, cunha crónica do seu cativerio durante a Guerra Civil, rematando no tráxico naufraxio da lancha cos falanxistas fronte ao Lazareto en 1950. O terceiro libro “Tempos de contrabando” introdúcenos nunha historia real, con personaxes de nome fcticio, representativa das intrépidas e perigosas aventuras do estraperlo na época gris da autarquía franquista. A última parte está formada por unha escolma de vinte relatos que pretenden ilustrar as vivencias dun neno do rural, mergullado no seu mundo infantil, máxico e surrealista, naquela dura posguerra, recollidos baixo o epígrafe de “Telumbres de lúa”. Os últimos retrincos dese libro pertencen á mocidade do autor, entre eles, un sobre os acontecementos da loita contra a autoestrada do Atlántico na década dos 70 do século pasado. En defnitiva, todos os relatos forman parte desa historia da comarca, oculta ou esquecida polo paso do tempo, á que só podemos acceder a través da memoria, mergullándonos nas brétemas nutricias do Ulló, para volver renacer albiscando con máis forza ese pasado sen o cal seríamos máis incompletos e, sobre todo, menos conscientes de quen somos e do que aínda nos queda por facer.