O Fío

Autor:
Gracia Iglesias GRACIA IGLESIAS/VICENTE CRUZ
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484649908
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
19
Formato
Cartoné
14,00€

Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tiroudun fío que lle sobresaía da chaqueta... Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante. Porque paradoxicamente, canto máis intenta desintrincalo,máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formara parte dos trazos das ilustracións.O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía. Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativaque vai in crescendo, atrapa a atención do público, expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.