O Longo Adeus

Autor:
Raymond Chandler
Editorial:
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788494971327
Idioma
Publicado
2019
Nº de páginas
499
Formato
Rústica
15,00€

O longo adeus, publicada en 1953 e galardoada dous anos máis tarde co Premio Edgar que concede a Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos de América, está considerada a obra mestra de Raymond Chandler. Herdeira do estilo crítico e realista de Dashiell Hammett, o tempo converteuna nun clásico da narrativa negra. O detective Philip Marlowe axuda a marchar do país a Terry Lennox, un estraño personaxe sobre o que recaen todas as sospeitas polo asasinato da súa muller. Máis tarde, o fuxido suicidarase en México tras escribir unha carta de confesión. Aínda que o caso queda pechado, Marlowe teima en investigar sen atender ás presións da policía, dos baixos fondos e do magnate Harlan Potter, pai da falecida. Ao tempo, encárgase de localizar un escritor desaparecido, o atormentado Roger Wade, unha nova pescuda coa que o detective irá descubrindo o misterio que agocha a personalidade de Lennox.