O Osiño Chispa

Autor:
ww,aa José Antonio Abad/Rosa Osuna
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788413432458
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
32
Formato
Cartoné
14,00€

Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, a autonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa era un pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: “Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar”. Pero cociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira de brazos eran tarefas máis difíciles do que Chispa imaxinaba. Tras un encontro co ancián Don Moucho, pensa que quizais non e tan mala idea volver á escola e reencontrarse cos seus amigos, aos que tanto botaba de menos. Malia que Chispa non está preparado aínda para algúns traballos, lonxe de desanimalo, os adultos permítenlle experimentar e darse conta por si mesmo das dificultades. “O osiño Chispa” e unha fábula contemporánea que pon de manifesto a pequenos e maiores a importancia da aprendizaxe, a autonomía persoal, a perseveranza, os sabios consellos dos maiores e a escola como lugar de formación e socialización. Rosa Osuna logra unha obra plástica que destila calidez, con multitude de detalles, trazos sinxelos e unha combinación cromática moi acertada