O Porquiño

Autor:
Arnold Lobel
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484647034
Idioma
Nº de páginas
72
Formato
Cartoné
15,00€

Sinopse "O porquiño vivía no seu cortenllo, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dician." A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como "Contos de ratiños" e "Sopa de rato". A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar. Unha acción tan inocente e á vez tan contraditoria como a limpieza dun cortello, desencadea unha serie de despropósitos que converten o porquiño no protagonista dunha complexa operación de rescate. A súa desventura conmóvenos, pero ao mesmo tempo fainos rir. As ilustracións redundan nese sentido do humor, levándonos do campo á cidade, nunha viaxe de ida e volta inesquecible.