Oliver Button É Unha Nena

Autor:
TOMIE DEPAOLA
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
ISBN
9788484641728
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
15,00€

"A Oliver Button chamábanlle nena. A el non lle gustaba facer as cousas que se supón que fan os nenos. Gustáballe xogar no bosque e saltar á corda. Gustáballe ler libros e facer debuxos…" Oliver é diferente: gústalle a natureza e a lectura, xoga con bonecas de papel e encántalle disfrazarse para cantar e, sobre todo, bailar. O seu pai preferiría que practicase deportes pero, a súa falta de habilidade para o exercicio físico fai que os seus compañeiros de escola o marxinen, se burlen del e o intimiden. «Oliver Button é unha nena», chegaron a pintar nunha parede.